O líder de Cambados Pode vese fóra do futuro executivo local

CAMBADOS>  O líder de Somos Cambados xa se ve fóra do futuro goberno local. José Ramón Abal está seguro de que o vindeiro executivo cambadés será un tripartito. Di que agora o seu sitio está na oposición e que dende alí traballará pola súa localidade.

José Ramón Abal teno claro: a Cambados Pode tócalle estar na oposición. A formación mantén a única acta da que viña gozando, aínda que non quedou moi lonxe de facerse cunha segunda. Acusa a Somos Cambados de non contar con el no vindeiro executivo.

Na oposición, con tan só un representante, Abal di que se fará escoitar. O líder de Cambados Pode dá por descontado que o vindeiro executivo Cambadés será un tripartito. Cre que os desencontros entra o PSOE, Somos Cambados e BNG van continuar nos vindeiros anos, comezando polo reparto das áreas que, ata o momento xestionaba el. Preguntado polo mandato que agora remata, con varias crises internas dentro do cuadripartito, Abal di que prefire deixar atrás o pasado e mirar cara adiante. Con todo, recoñece que na crise de finais de 2017, o PP chegou a contactar con el para entregarlle a alcaldía.

Se hai catro anos o voto de Abal no pleno de investidura era toda unha incógnita, desta volta non será así. Segundo avanzou, a súa intención o vindeiro sábado é absterse.