Zona Aberta augura unhas boas rebaixas tras un Nadal animado no comercio local vilagarcián

VILAGARCÍA> Aínda que cada vez pasan máis desapercibidas, estamos de rebaixas. No comercio local din que polo de agora as vendas van lentas. En colectivos como Zona Aberta de Vilagarcía cren que esta campaña de descontos arranca demasiado cedo, poñendo a prezos de saldo os produtos de tempada, cando aínda queda moito inverno por diante. Con todo, agardan unha boa campaña, á vista do bo sabor de boca que deixa o período de Nadal nos establecementos asociados.

Houbo un tempo no que as rebaixas desataban entre a clientela unha tolemia nas tendas, con ringleiras e mesmo carreiras por facerse cos mellores descontos. Agora a cousa parece que foi mudando e esta campaña de gangas semella que pasa un pouco máis desapercibida. No comercio local din que polo de agora as vendas van lentas.

Dende Zona Aberta cren que a tempada de rebaixas debería volver ser o que foi, liquidando os produtos de tempada ao seu remate. A maiores cren que o impacto das grandes cadeas e as compras por internet desvirtúan estas campañas de saldos.

Nese sentido, colectivos como o vilagarcián levan tempo reclamando cambios. Nas últimas horas houbo unha reunión co director xeral de comercio da Xunta na as asociacións trasladaron as súas inquedanzas.

Con todo, en Zona Aberta agardan unha boa campaña de rebaixas, á vista do bo sabor de boca que deixa o período de Nadal nos establecementos asociados.

Nese sorteo, puxéronse en xogo 3000 euros en vales de compra entre todos os tickets de compras feitas no Nadal. O primeiro premio, de 1500 euros foi para Pablo Castro, polo seu ticket en Yonadri. Os 1000 euros do segundo premio van  para Manuel Otero, por unha compra en Metrópolis Comics. Por último, Laura Carballa foi a agrazada cos 500 euros do terceiro premio, por unha compra en Miuchi.