Manifestación no colexio de Carril ante a masificación da aula de 5º de infantil

VILAGARCIA>  As nais do alumnado de quinto de infantil do colexio de Carril maniféstanse diante do centro educativo. Protestan ante a masificación que aseguran sofren os seus fillos na aula. Piden que se desdobre o curso para que os alumnos teñan unha educación de calidade.

As nais do alumnado de quinto de infantil do CEIP Plurilingüe Rosalía de Castro de Carril levan tempo manifestándose por un problema de masificación nas aulas. O curso conta agora con 26 alumnos de 4 anos de idade. Cantidade suficiente para desdobrar a aula e facer dous grupos de 13. Esta solución foi rexeitada por educación e no seu lugar decidiu dotar dun docente máis á clase en determinados horarios.

Segundo as nais, dende o centro alegaron que facían tarefas de apoio aos alumnos con necesidades educativas especiais. Unha realidade que elas desmenten.

As nais culpa ao centro pola súa falta de xestión.

Rogan á consellería que obrigue a estes cargos administrativos a facer o seu traballo e que vele porque o alumnado teñan unha educación de calidade.

As nais seguirán manifestándose ata que o alumnado de quinto de infantil do Rosalía de Castro teña a educación que se merece. Dende o centro non quixeron facer declaracións.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí