As obras de humanización da rúa da Capela estarán listas para agosto

OUTES> O executivo outense confía e que as obras de humanización que se están a levar a cabo actualmente na rúa da Capela poidan estar rematadas xa na segunda semana de agosto. A actuación conta cun investimento superior ós 115 mil euros, sufragada con cargo ó POS 2019 da Deputación da Coruña.

As obras intégranse no plan deseñado polo equipo de goberno de cara a humanización das principais rúas do casco urbano da Serra, dándolle preferencia ós peóns sobre os vehículos. Unha vez rematados os traballos a rúa pasará a ser de sentido único de circulación. Ó mesmo tempo lévase a cabo a renovación dos servizos e a instalación de novo mobiliario urbano.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí