![]()
O GROVE > Hoxe reabriuse a campaña extractiva da centola cuns resultados por debaixo do que se agardaban,…
… tanto en número de capturas como no prezo de venda: a primeira parada de centola vendeuse no Grove a 23 Euros o kilo e en Ribeira a 16.
O que si cumpre cas expectativas é a calidade do producto que de novo este ano é inmellorable. No tocante o número de interesados, os vendedores valoraron tamén positivamente este primeiro día posto que houbo un número moi similar de compradores ó de anos anteriores.
Por outra banda, tanto pescadores como mariscadores coinciden en que ás centolas aínda lle faltan uns días para acadar as súas condicións óptimas. Estes traballadores tiveron que agardar ata a media noite para poder calar o aparello no interior da ría; porén na bocana xa puideron deixalo onte a mediodía.
Esta mañá a partir das sete da amencida comezaron a recollelas cuns resultados por debaixo do que agardaban. Isto débese en gran medida ás condicións meteorolóxicas. Malia os resultados deste primeiro día, os socios desta confraría agardan a que a campaña vaia mellorando en tódolos aspectos conforme se achegue o Nadal.
A gran maioría da centola recollida hoxe no Grove quedará dentro desta ría; aproveitando que hoxe comezou a xornada de exaltación da Centola; no que participan 23 restaurantes desta localidade.
Redacción Salnés.







