A concentración de gases no polígono de Xarás obriga a evacuar AMBAR

    escapegasesambar_100_271107.jpgRIBEIRA > A alta concentración de gases procedentes da rede de sumidoiros obrigou a evacuar esta mañá, ós usuarios do centro ocupacional

    … que a asociación de persoas con diversidade funcional (AMBAR) ten no polígono industrial de Xarás. Algunhas das persoas que se atopaban no interior destas instalacións sufriron síntomas de intoxicación como náuseas, vómitos, picores e dor de cabeza. Afortunadamente, a rápida actuación dos responsables do centro e dos bombeiros evitou que se produciron danos maiores.

    Os usuarios do centro ocupacional Manuel Parada da Asociación AMBAR espertaron esta mañá cun bo susto. Nada máis chegar ás instalacións, situadas no polígono industrial de Xarás, en Ribeira, percatáronse dun forte cheiro que se podía percibir xa no exterior do inmoble. Unha vez dentro, onde o fedor era insoportable, traballadores e usuarios comezaron a presentar os primeiros síntomas dunha posible intoxicación tales como mareos, dor de cabeza, vómitos, e picor no nariz e na garganta.

    Evacuación

    Ante a sospeita de que puidera tratarse dun escape de gas, os responsables do centro decidiron evacuar a tódolos usuarios e dar aviso ó servizo de emerxencias. 

    Inmediatamente, personouse no centro a dotación de garda do parque de bombeiros de Ribeira que, tras realiza-las medicións necesarias, puido comprobar que non se trataba dun escape de gas de tipo exploxivo. Aínda así, os bombeiros detectaron altas concentracións de gases sulfídricos que proviñan do alcantarillado polo que procederon á axeitada ventilación do interior do edificio.

    Segundo nos informou o persoal de AMBAR esta non é a primeira vez que acontecen episodios similares, aínda que nesta ocasión o cheiro e as molestias eran moito máis fortes que en ocasións anteriores.

    Polo momento, descoñécense aínda os motivos e a procedencia destes gases. Seprona e os técnicos de medio ambiente do concello ribeirés están a traballar na investigación do suceso para determina-las súas causas e evitar que se repita.

     {flowplayer}barbanza/escapegasesambar.flv{/flowplayer}

    Redacción Barbanza