Volta o fútbol tralo parón polo Cpto. de Seleccións Autonómicas

previa_video.jpgSALNÉS > Importante xornada para Portonovo e Céltiga de cara a escapar do descenso.

O Vilalonga xoga esta fin de semana un deses partidos que poden defini-lo futuro dun equipo. Son séptimos e enfróntase o Coruxo, que é sexto cun punto máis. O problema para o técnico Josiño Abalde continúa a se-la gran cantidade de lesións coas que acude ó choque; por iso durante esta semana se estivo sopesando a posibilidade de incorporar a algún novo xogador para o que resta de temporada. Serán baixas seguras as de John, Adrián e Quito, mentres que Avendaño e Albert son dúbida, ó igual que Lozano, que non se adestrou esta semana por unha forte gripe. Entre as boas novas están as recuperacións para este duro encontro de Saúl e Aitor Pastoriza. O partido, o domingo a partires das 17:00.

Tamén o domingo, pero ás 16:30, o Arousa recibe ó Cerceda. Os de Laxes quererán prolonga-la boa xeira de resultados que os está a sacar dos postos dabaixo ante un complicado rival, quinto na táboa. Os coruñeses acudirán á cita sabedores de que unha derrota na Lomba lles alonxaría do seu obxectivo, os playoffs polo ascenso. De ahí se cabe que se presuma un partido aberto. Por outra banda, no Arousa serán baixa Damián e Alberto, así como Roberto será dúbida. O que volta á convocatoria e Laro despois de supera-los seus problemas no nocello; de tódolos xeitos, non se descarta que Laxes teña que incluir a algún xuvenil na lista, debido a que conta con tan só dezaseis xogadores do primeiro equipo.

En Baltar, tamén o domingo e ás 16:00, o Portonovo recibe ó Verín. Importante partido para os de Piscis se é que queren cerrar un último mes positivo, antes do parón de Nadal. Pasaron de rolda en Copa, e venceron na casa a dous rivais directos, Betanzos e Céltiga. No apartado de baixas, César continúa sancionado trala súa expulsión en Vilalonga, pero reincorpórase ó equipo Alfonso, que non xogou na Copa. O rival, o Verín, leva tres meses sen gañar fóra da casa, dato que debería espolear ós de Piscis para tentar acada-la súa cuarta victoria consecutiva en Baltar. Por último, falamos do Céltiga, ó que peor lle van ás cousas nestas últimas semanas.

O seu rival do domingo será o Órdenes, que ven de colleitar dúas derrotas consecutivas, aínda que se mantén na zona morna da táboa. Os de Manuel Núñez tentarán poñer fin a unha xeira negativa de resultados que os levou a sumar tan só un punto dos derradeiros dezaoito en xogo e deixalos cos mesmos puntos que o Ourense B, que ocupa praza de descenso. O partido dará comezo ás 16:30 no Campo de Vista Alegre.

{flowplayer}images/salnes/previa.flv{/flowplayer}

Redacción Salnés