A Conselleira do Mar destaca o peso da acuicultura na visita á planta de abalón

MUROS> A Conselleira do Mar visitou esta mañá a empresa Galician Marine Acquaculture, en Muros. Acompañada dos membros da comisión de Pesca do Senado, Rosa Quintana percorreu as instalacións da planta dedicada ó cultivo da orella de mar. No seu percorrido por distintas instalacións relacionadas coa acuicultura, os membros da Comisión de Pesca do Senado capitaneados pola Conselleira do Mar recalaron en Muros nas instalacións de Galician Marine Acquaculture. Trátase da única empresa especializada en cultivo da orella de mar de toda Galicia, un molusco en auxe con enorme acollida en mercados internacionais como Xapón, China e Estados Unidos. É  unha mostra máis da importancia da acuicultura para a economía galega con cifras que falan por sí soas. Convidados por ANFACO, os senadores tiveron ocasión de coñecer durante estes días outras instalacións relevantes na produción acuícola como a planta de cría de rodaballo de Stolt Sea Farm ou as conserveiras do grupo ATUNLO. Alí recolleron as impresións e inquedanzas trasladadas polo sector referidas  principalmente ós acordos comerciais con terceiros países. A intención da comsión de pesca é elevar proximamente ó Senado estas demandas para apobración dunha declaración institucional instando non só ó goberno central senón tamén á Comsión Europea a ter en conta as inquedanzas do sector.