Dous veciños de Portas encadéanse á oficina de Abanca na vila contrarios ao peche da sucursal

PORTAS> Dous veciños de Portas encadéanse á oficina de Abanca na vila en contra do seu peche. Os encadeados, entre eles o exalcalde Roberto Vázquez, aseguran que estarán aí ata o venres esixindo unha solución. Consideran que o peche da sucursal é un duro golpe para a xente maior e para o futuro do concello.

Cada vez son máis as oficinas de Abanca que pechan as súas portas ou que están a punto de facelo. O día 22, outra quenda de sucursais cesarán a súa actividade obrigando aos veciños a trasladarse a outros puntos. Un traslado que é máis doloroso naqueles concellos que non dispoñen doutro banco. En contra destes peches, dous veciños de Portas encadeáronse diante da sucursal.

E é que esta protesta fana sobre todo pola xente maior.

Por iso piden á dirección de Abanca que antes de pechar as oficinas pense na xente maior e no seus familiares.

Os dous veciños, Roberto Vázquez exalcalde Portas e Manuel Becerras, conta coa apoio da veciñanza. Cada certo tempo reciben unha visita con bebida ou comida. Estarán aí ata o venres sen moverse.

Os veciños aseguran que o banco da beneficios e que é un crime quitalo. Tamén piden ás administracións que se involucren se verdadeiramente queren coidar e protexer o rural. Continuando coas mobilizacións, a corporación municipal de Portas convocou unha manifestación diante da oficina o vindeiro 10 de setembro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí