O BNG denuncia o escurantismo na tramitación da reforma da Lei de Saúde

BARBANZA> O BNG do Barbanza denuncia o escurantismo con que se está a tramitar a modificación da Lei de Saúde Pública. O cambio da norma que, segundo os nacionalistas contempla numerosas limitacións, debaterase este martes no Parlamento Galego.

A primeira crítica dos nacionalistas con respecto á modificación da Lei de Saúde refírese á súa tramitación posto que se realizou a través dunha proposición non de lei presentada polo Grupo Popular evitando así os trámites parlamentarios que requiriría un proxecto de lei.

No que respecta ó seu contido, dende o BNG explican que a reforma introduce numerosas limitacións dos dereitos básicos das persoas e establece a imposición de sancións en moitos supostos.

Pola contra, a reforma non contempla o reforzo de medios e recursos humanos na sanidade pública, para dar cobertura  a atención non só da covid senón de outras moitas doenzas que, segundo os nacionalistas, non conta coa correcta asistencia no contexto da pandemia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí