O Grupo Junquera comeza a segunda volta cunha derrota

futbolsala250_160108_001.jpgVILAGARCÍA >  Non puideron comezar peor as cousas para o Grupo Junquera nesta segunda volta, caeron por 4-1 ante o Panadería Romano de Bueu. A derrota entraba dentro do previsto, o rival camiña terceiro na táboa, polo que tampouco preocupa en demasía no seno do club vilagarcián.

O partido tivérono na man. Dispuxeron da posesión e das ocasións pero non foron quen de materializalas e iso se paga.

Con 2-1 e tralo descanso, as rigurosas expulsións de Fran e Capi a pouco de comezar o segundo tempo, condicionaron unha posible remontada visitante. Ó final 4 -1 e os vilagarciáns que permanecen duodécimos na xeral, na zona morna da táboa.

A próxima semana xóganse os tres puntos ante o Jacacoba Gondomar, equipo que leva unha traxectoria moi similar ós vilagarciáns este ano. Co bo traballo que se está a realizar, seguro que as victorias voltarán cedo.

{flowplayer}images/salnes/futbolsala_160108.flv{/flowplayer}

Redacción Salnés