CUNTIS> Cuntis traballa no proxecto de desenvolvemento do polígono industrial da Ran. O goberno local xa inicio as reunións coa Sea para poder dar cabida ás empresas que queren instalarse na zona industrial. O alcalde pide colaboración as administracións para que os proxectos saian adiante.
O polígono industrial da Ran de Cuntis conta na actualidade con preto de 20 empresas. Un número que podería verse aumentado dada a demanda de compañías que, segundo o concello, queren instalarse na zona industrial. Para elo é necesario realizar diferentes melloras no polígono para dar cabida as novas empresas. Un proxecto de desenvolvemento que xa se está xestionando coa Sea.
Este proxecto de desenvolvemento tamén inclúe as melloras dos seus accesos.
O desenvolvemento destes proxectos necesita da colaboración do goberno do Estado e da Xunta de Galicia. Para elo o equipo de goberno de Cuntis reuniuse co líder do PSdeG.
Ambos voceiros socialistas reclamaron tamén o apoio da Xunta de Galicia.
As reunións mantidas entre a Sea e o concello están sendo frutíferas. Trala solicitude presentada polo goberno local, a sociedade contratou un estudio para analizar a viabilidade do proxecto.