Tabuyo e Caride acusan a Rajoy de non cumprir co Salnés

    caridemitin_100.jpgCAMBADOS > O Salnés viviu esta fin de semana unha campaña electoral moi intensa que rematará este venres. En Cambados, celebrouse o sábado …

    … un dos mitins centrais dos socialistas, e no que o candidato da comarca, Domingo Tabuyo, estivo acompañado pola conselleira de Política Territorial, María Xosé Caride. O pavillón da xuventude estivo cheo de simpatizantes e membros do partido.

     Domingo Tabauyo comezou o mitin do sábado en Cambados, falando primeiro da labor levada a acabo polo seu partido no ámbito nacional, pero punto máis álxido do seu discurso chegou co apartado dedicado ó balance dos últimos catro anos de traballo desenvolvidos por el mesmo no congreso dos deputados. Dixo que grazas á súa labor, Cambados conta agora cun cuarto xulgado, vai ter un novo cuartel da Garda Civil, e tamén levou a cabo a rehabilitación da fábrica Peña. Tamén atacou duramente á labor de Xosé Manuel Cores Tourís no senado.

    O peche ó mitin dos socialistas púxoo A Conselleira de Política Territorial. María Xosé Caride criticou duramente en Cambados ó Plan Galicia deseñado por Rajoy. Cualificouno de membrete para ocultar as vergoñas dos populares cando os pillaron de cacería en plena catástrofe natural. De Rajoy, tamén dixo que dende o seu partido non fan máis que promocionalo coma un candidato galego, que nunca exerceu coma tal.

    No seu discurso, María Xosé Caride, asegurou que un dos seus principais obxectivos é situar a Galicia na cabeza de Europa, o cal ven facendo o seu partido con investimentos en infraestruturas de ata 272 millóns de euros, só na comarca do Salnés.

    Redacción Salnés