Cambados celebrará a feira artesanal Son do Campo na inauguración da renovada praza da Xuventude

CAMBADOS> Cambados presenta a primeira edición da feira artesanal Son do Campo. Un mercado no que se ofertarán produtos tradicionais da terra elaborados por mulleres. A feira celebrarase os días 18 e 19 e servirá para estrear a renovada praza da xuventude.

O concello de Cambados celebrarás os vindeiros días 18 e 19 a primeira edición da feira artesanal Son do Campo. Unha iniciativa que nace do goberno local para poñer en valor os produtos da terra elaborados polas mulleres rurais.

A feira celebrarase na renovada praza da xuventude. Un espazo que está preto de rematar a remodelación e que se inaugurará ese mesmo día. O seu nome tamén mudará, xa que ademais e praza da xuventude levará o nome de Dolores del Valle. Veciña da vila que no seu día cedeu o espazo ao concello.

A praza tivo un orzamento de 240 mil euros financiado co plan concello da deputación de Pontevedra. Polo momento xa se acometeron as accións principais de illamento e pavimento.

Nas vindeiras datas rematarase o resto da obra co decorado.

Polo de agora xa hai 14 negocios apuntados para vender os seus produtos no mercado. As vendedoras veñen de diferentes puntos de toda Galicia. O mercado estará aberto dende as 12 do medio día ata as 9 da noite o sábado e ata as 7 da tarde o domingo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí