A Mancomunidade do Salnés exhibe toda a súa maquinaria

CAMBADOS> A mancomunidade do Salnés expón toda a súa maquinaria. O organismo comarcal conta con 23 vehículos e 16 traballadores. A organización dos equipos e da maquinaria permite cubrir todas as necesidades dos nove concellos mancomunados.

A mancomunidade do Salnés expuxo no polígono empresarial de Sete Pías toda a súa maquinaria. O organismo comarcal conta na actualidade con 23 vehículos, todo un parque de maquinaria que dá servizo aos nove concello da comarca.

Os concellos da mancomunidade organizan a distribución das máquinas para cubrir as necesidades de todos os municipios. Os vehículos funcionan todos os días, segundo a mancomunidade, como un reloxo suízo.

A boa organización á hora de distribuír os 23 vehículos permite aos concellos aforrara numerosos custos.

E este funcionamento non sería posible se o traballo e a experiencia dos 16 traballadores do parque de maquinaria da mancomunidade do Salnés.

O organismo comarcal continúa traballando na renovación e mellora do seu parque de maquinaria, xa que algún dos seus vehículos conta cunha antigüidade de 25 anos. Os próximos obxectivos da mancomunidade pasan por adquirir un novo camión de bacheo e un dispositivo de bacheo automático.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí