Os casos de Alzheimer duplicaránse cada ano na comarca do Salnés

    seijo100_180608.jpgO SALNÉS > O hospital do Salnés acolleu hoxe unha charla informativa a cargo do neurólogo Manuel Seijo sobre a enfermidade do Alzheimer

    …co gallo da futura presentación oficial da asociación que se constituíu hai uns meses para axudar a estes enfermos en Vilagarcía de Arousa. Seijo adiantou datos tan alarmantes como que só na comarca do Salnés hai case 1.500 enfermos de Alzheimer e no 2040 haberá en Europa Occidental 10 millóns de afectados, un 100 por cen máis que no 2001.

    Na comarca do Salnés hai actualmente 1430 pacientes diagnosticados de Alzheimer e contémplase que aumente uns 2.400 novos casos por ano. Pero a curto-medio prazo a incidencia incremétarase A demencia tipo Alzheimer deriva no deterioro da memoria en moi pouco tempo e na maioría dos caso o paciente nin se da conta. Por iso a prevención é importantísima para detectar a enfermidade e realizar un diagnóstico precoz para combater o Alzheimer e lograr unha mellor calidade de vida para o enfermo A Asociación de enfermos de Alzheimer que xa está en marcha en Vilagarcía axudará na orientación e asesoramento do paciente pero sobre todo do coidador.

    Aínda que os datos son alarmantes a esperanza de vida destes pacientes é cada vez maior debido os tratamentos actuais. O neurólogo e coordinador da asociación Manuel Seijo, desvelou os novos métodos farmacolóxicos que están en marcha e dos cales se coñecerán os resultados en Xullo no congreso internacional do Alzheimer que se celebrará en Chicago que consiste nunha vacina que xa estivera en fase ensaio e que agora se perfeccionou . Naquel momento aínda que non funcionara dou resultados positivos. Podemos estar falando dun antes en un despois no proceso da enfermidade

    Redacción Salnés