![]()
PONTEVEDRA> Jaime Maiz, acusado de matar a Mari Luz Posse, declarou ante o xurado popular ter lagoas sobre o acontecido o 16 de decembro de 2007 por estar ebrio.
{flowplayer}images/salnes/XUIZO_JAIME_MAIZ.flv{/flowplayer}
Jaime Maiz abría a súa intervención ante a sala cun golpe de efecto. Unha declaración que ata o momento se descoñecía: o ex Garda Civil asegurou que o día antes da morte de Mari Luz Posse, os dous víranse pola tarde no Porto Deportivo de Sanxenxo, onde traballaba a víctima. Tomaron un café, pola noite estiveron falando por teléfono durante preto de hora e media e quedaron en verse á noite do día seguinte. Pero do que ocorreu entón, Maiz asegura ter moitas lagoas. Recoñece que a chamou unha vez, sobre as cinco da mañá, aínda que non se lembra, e que falou con Yovanna Carro, a amiga que acompañaba a Mari Luz, que lle dixo que non o quería ver. O que si recorda é ir á casa da súa ex parella para intentar falar con ela e que de alí marchou ó cuartel da Garda Civil de Cambados. Todo se despexa no momento no que oe o disparo. Antes, di non lembrar nin cando colleu a pistola nin de apuntar con ela a Mari Luz.
O acusado insistiu durante toda a declaración que esa noite estaba ebrio, atenuante que esgrime a Defensa para rebaixar a condena de 20 anos por asasinato a 5 por homicidio. Sen embargo, Yovanna Carro, a amiga que acompañaba a Mari luz a poñer a denuncia asegura que aínda que estaba bébedo, era plenamente consciente dos seus actos.
Na súa declaración o ex Garda Civil asegurou que foi el quen rompera a relación uns meses antes por desavenencias cun dos tres fillos da víctima, o mesmo que no verán do 2007 o denunciara por supostos malos tratos á súa nai, un proceso do que Maiz saíu absolto, aínda que esta mañá, tanto os dous fillos que comparaceron como familiares e amigos insistiron en que Mari Luz sufrira en varias ocasións agresións tanto físicas como verbais por parte do acusado.
Redacción Salnés








