Ángeles Vázquez: ‘Non permitiremos que se poña en risco o futuro da Ría’

LOUSAME> A conselleira de Medio Ambiente refereiuse esta mañá ó inicio dos traballos de construción da estación de tratamento dos vertidos procedentes da mina San Finx, paso previo ó baleirado das balsas. Segundo ela era algo que estaba previsto, e nada ten que ver coa a actividade da mina, para o que si é precisa a autorización correspondente por parte da Xunta.

Por esta razón pediu tranquilidade, xa que a Xunta non permitirá, en ningún caso, unha actuación que ameace ou prexudique o futuro da Ría.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí