POBRA> O concello da Pobra prepara unha Festa Drag para abrir as actividades de carnaval. Terá lugar o sábado 17, a partir das once da noite, nunha carpa que se instalará na praza do Emigrante. A música correrá a cargo de Discomóbil Chocolate.
A actividade dirixida á xente moza, enmárcase na liña iniciada polo Concello para diversificar o ocio nocturno e fomentar a hostalería local.