Meaño Independiente denuncia a votación secreta para os representantes meañeses na Mancomunidade do Salnés

MEAÑO> Meaño Independiente reclama que se repita a votación dos representantes do municipio na mancomunidade e que se faga a man alzada. Os independientes presentaron un recursos contencioso administrativo no que, ademais, piden que se suspenda cautelarmente a participación dos representantes meañeses no órgano comarcal.  Consideran que tanto os populares como os socialistas están enganando aos veciños por non facer público o pacto.

A menos de 10 días para que se convoque o pleno de constitución da Mancomunidade do Salnés, o futuro do órgano comarcal continúa pendente de Meaño. Tralo expediente disciplinario que o PP provincial solicitou contra o alcalde Carlos Vieitez pola votación secreta que converteu ao socialista Manuel Radío en represente do ente comarcal agora a formación Meaño Independiente presenta un recurso contencioso administrativo en Pontevedra no que reclama que se repita a elección e que se faga a man alzada.

Os independentes piden a suspensión cautelar na mancomunidade do Salnés dos representantes elixidos na votación.

O líder da formación considera que detrás desta elección hai un pacto entre populares e socialistas co que están enganando aos veciños.

Segundo Aspérez o seu partido ofreceulle tanto a alcaldía como a mancomunidade aos socialistas pero estes non quixeron nin negociar porque xa tiñan un acordo cos populares. Pide a ambas formacións que sexan valentes e que recoñezan a existencia dun pacto.