Máis dun cento de deportistas daranse cita no Campionato Galego de Marcha da Pobra

A POBRA> Máis dun cento de deportistas daranse cita mañá na decimo quinta edición da Campionato Galego de Marcha. En paralelo, desenvolverase tamén un control de marcas nas disciplinas de salto de lonxitude, triplo salto e lanzamento de peso.

A Pobra converterase outro ano máis en sede do Camnpionato Galego de  Marcha en Pista de Inverno. ó redor de 130 deportistas daranse cita nesta proba que comezará ás dez e media no estadio da Alta.

Aproveitarase a celebración do campionato para realizar tamén un control de marchas para salto de lonxitude, lanzamento de peso e triplo salto en categorías que van da sub-10 á sub-16.