O BNG insiste en que a planta de Servia ten futuro

LOUSAME> Parte do comité de empresa da planta de compostaxe de Servia mantivo esta mañá unha xuntanza con representantes do BNG na comarca de Muros-Noia, á que asistiu tamén a deputada Rosana Pérez, para analizar a situación actual do complexo e analizar posibles vías de solución que garantan a súa continuidade.

Dende o Comité fan alusión á necesidade de acadar un plan de viabilidade, dado as enormes potencialidades da planta, e poder recuperar a importancia pasada, liderando a reciclaxe en Galicia.

Unha postura de que a planta pode ter futuro que comparten os nacionalistas, que avogan pola constitución dunha mesa interinstitucional, na que estean representados, ademais dos traballadores, a propia Mancomunidade Serra do Barbanza e tamén da Xunta de Galicia.

O BNG levará novamente esta problemática ó Parlamento.

Os nacionalistas insisten en que aínda hai tempo para salvar a planta, instando á propia Mancomunidade e ó resto de Administracións, entre elas a Xunta de Galicia, a que aposten por ela, pois sempre mostraron un total desleixo por este proxecto.