O comercio e hostalería de Cambados tentan recuperar o pulso tralo peche perimetral

CAMBADOS> O comercio e a hostalería de Cambados van pouco a pouco recuperando o pulso. Os negocios tentan recupera-la normalidade despois de dúas semanas de peche perimetral. Agora, aínda no nivel alto, Os comerciantes confían en que a localidade continúe mellorando os datos e aliviando as restricións, coa vista posta xa na campaña de verán.

Foron dúas semanas de peche perimetral que golpearon con forza ao comercio e a hostalería de Cambados. A localidade sitúase xa no nivel alto, con mobilidade plena e un alivio das restricións na hostalería. Os locais poden servir en terraza, ao 50% de capacidade.

Tamén ven pouco momento no colectivo de comerciantes Zona Centro. Confían en que a fin do peche perimetral se traduza nun repunte da actividade económica de hostalería e negocios, tendo en conta que boa parte das súas vendas dependen dos veciños doutros municipios da zona. Unha reactivación que conta tamén co apoio da campaña de bonos ‘Cambados florece’, coa que se van mobilizar 30000 euros no comercio local, dos que o concello aporta 10.000.

Unha campaña, a do verán, que en Cambados agardan como auga de maio. Confían na reactivación do turismo na localidade para a recuperación de moitos negocios que quedaron tocados pola pandemia. Hoxe en Cambados hai 43 positivos, seis menos ca onte.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí