O Extrugasa arrolla ó Canarias e xa pensa na fase de ascenso

extrugasa250_220310.jpgVILAGARCÍA> Un dos grandes protagonistas da fin de semana deportiva foi o Extrugasa. As vilagarciáns abusaron dun rival directo polo ascenso como o Uni CajaCanarias ó que venceron por 32 puntos de diferencia. Foi probablemente o mellor partido da temporada dun equipo que ten metido pé e medio na fase de ascenso.

{flowplayer}images/salnes/baloncesto_220310.flv{/flowplayer} 

Se alguén  tiña algún tipo de dúbida sobre a presencia do Extrugasa na fase de ascenso o sábado quedou disipada. O Extrugasa non só venceu a un rival directo como o Unicaja Canarias, senón que lle pasou por enriba (86-54) dando unha lección de xogo colectivo tanto en defensa como en ataque. Foi probablemente o mellor encontro da temporada.

O partido tivo un único dono de comezo a fin. As diferencias fóronse por enriba dos dez puntos antes do remate do primeiro cuarto (23-8) e de ahí non baixaron pese ós intentos de remontada das visitantes. O terceiro cuarto foi un auténtico recital, no que as rápidas transicións e a figura de Saray Ruíz mandaron ó equipo 28 arriba. A intensidade non diminuiría ata o remate.

De destacar foi a actuación de Ylenia Manzanares que volveu a quedarse a un paso do triple dobre con 9 puntos, 10 rebotes e 10 asistencias.

Agora mesmo son catro victorias de vantaxe co quinto clasificado, polo que a falta de cinco xornada a fase de ascenso está case asegurada.

O sábado que ven toca certificar a presencia na fase de promición ante o Carmelitas, pechacancelas da competición.

Redacción Salnés