Os recortes en Educación e Sanidade espertan un novo descontento social

    sanidade100.jpg SALNÉS> A intención do goberno central é aforrar dez mil millóns de euros. Á falta de coñecer os detalles da reforma, os cidadáns amósanse escépticos.

    {flowplayer}images/salnes/recortes_sanidade_educacion_100412.flv{/flowplayer}

    O goberno central prevé aforrar dez mil millóns de euros en sanidade e educación. O groso do recorte recaerá nos servizos sanitarios, en torno ós 7 mil millóns, pero os detalles da reforma nesta área non se coñecerán ata dentro de dúas semanas, segundo indicaron os ministros de Facenda e Economía. Para o cidadán de a pé, estes axustes no gasto social non son positivos.

    O novo recorte na Educación será duns tres mil millóns de euros. Para CIG Ensino o goberno central está a agredir os servizos públicos, e consideran que nestes momentos, é básico mantelos para paliar precisamente as consecuencias sociais da crise.

    A vindeira executiva ordinaria de CIG Ensino abordará este novo recorte na Educación e ten previsto convocar mobilizacións como as feitas a principios de ano. CIG Ensino critica tamén a intención do Goberno central de ampliar o número de alumnos por aula. Segundo este sindicato, a tendencia debería ser ó revés para garantir unha mellor educación.

    Redacción Salnés