Tonhito de Poi presenta en Ribeira o videoclip do tema ‘In-Dios’

RIBEIRA> Tonhito de Poi presentou este venres en Ribeira o videoclip do tema In-Dios, que dá nome ó seu terceiro disco en solitario. Foi rodado en varias localizacións da serra do Barbanza baixo a batuta de Gerardo Rodríguez.

O auditorio de Ribeira acollía a posta de longo do videoclip In-Dios, un tema que dá nome ó terceiro traballo en solitario de Tonhito de Poi. O video, rodado nos montes do Barbanza baixo a dirección de Gerardo Rodríguez, contou coa colaboración do concello de Ribeira.

In-Dios é o terceiro traballo en solitario do integrante dos Heredeiros da Crus. Trátase dun percorrido pola última viaxe amazónica realizada polo músico.

Igual de espectaculares que as paraxes que saen neste video son os enclaves elixidos para os seus concertos polo artista que etsa mesma noite actúa na serra do Suído. Á espera de pechar unha data e un enclave no Barbanza, deixámoslle cun adianto de In-Dios.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí