A intelixencia artificial incorpórase ao obradoiro de manexo de drons da Mancomunidade do Salnés

CAMBADOS>  A intelixencia artificial revoluciona o obradoiro de manexo de drons que impulsa a Mancomunidade do Salnés. A incorporación desta ferramenta a esta acción formativa permite dotar de novos usos e prestacións ás naves non tripuladas, con diversas saídas laborais. Nesta acción formativa que impulsa o organismo comarcal están a participar 16 alumnos.

A intelixencia artificial estao a revolucionar todo, tamén o programa integrado de emprego da Mancomunidade do Salnés. O organismo comarcal incorporou esta ferramenta ao seu obradoiro de manexo de drons. Isto permite a estas aeronaves non tripuladas, por exemplo, analizar o entonro, poñer en marcha rutas alternativa en tempo real, improvisar tomas de decisións ou realizar tarefas do xeito máis eficiente.

Neste caso púxose de exemplo a vixilancia de bateas na ría de Arousa, aínda que tamén se podería aplicar a servizos de mantemento de parques eólicos, por citar tan só un par de casos prácticos.

Neste obradoiro da Mancomunidade están a formarse 16 persoas.

Durante os meses de novembro e decembro a Mancomunidade organizou un total de nove accións formativas no marco do seu programa integrado de emprego.