PONTEVEDRA> A exposición poderá visitarse ata o 31 de maio no Centro Social de Caixanova.
{flowplayer}images/salnes/220409_bienal_grabado_caixanova.flv{/flowplayer}
No ano 1991 Caixanova poñía en marcha a Bienal Internacional de Gravado, un concurso artístico no que se valoran as mellores obras do mundo realizadas con esta técnica artística. Desde entón os traballos que concorren a este evento multiplicáronse por cinco acadando as preto de mil obras que se presentaron nesta edición. De entre elas, un xurado escolleu as 80 mellores pola súa calidade, técnica e forza estética.
En cada edición, a Bienal destaca os tres mellores traballos que se presentan a concurso. Na súa selección intervén un xurado integrado por creadores ou persoas vinculadas ó mundo da arte que coñecen de preto a técnica do gravado.
Nesta ocasión o primeiro e terceiro premio recaeron en dous artistas polacos. En segundo lugar quedou o creador español Mikel Belacortu.
Cada un destes artistas recibiu como premio unha medalla de ouro, prata ou bronce segundo a súa clasificación e unha dotación económica de 9.000 euros para o primeiro clasificado, 3.000 para o segundo e 1.500 para o terceiro. A Bienal inclúe tamén obras que recibiron mencións honoríficas e pezas de artistas convidados.
Redacción Salnés