![]()
ILLA> O Portonovo continúa en postos de descenso logo de empatar onte na Illa sen goles. Un punto que sí lle serve ó Céltiga para chegar ós 42 puntos e asinar a súa salvación matemática. Os dous equipos semellaron conformarse coa igualada.
{flowplayer}images/salnes/celtiga_270409.flv{/flowplayer}
Encontro malo o que se presenciou no Salvador Otero. O empate servíalles ós de Josiño Abalde para asegurar a súa salvación e tampouco era malo para os de Marcos Canle, que confían en que os partidos de Baltar os leven este ano á permanencia.
Ningún dos dous equipos quixo complicarse a vida e fuxiron do fútbol comibinativo, apostando por un xogo máis directo no que as defensas impuxéronse.
A primeira ocasión claras non chegaría ata o 21′, cando Beni a piques estivo de conectar un remate á saída dun corner. Houbo que agardar media hora para ver a primeira boa combinación. Entre Peláez e Peloto, crearon o espacio para entrada de Fran Matos. Marcos evitou o tanto dos da Illa.
A única aproximación con certo perigo dos portonveses non sería ata case o descanso cun remate coa testa de Fiti que foise alto.
Na segunda metade proseguíu a mesma tónica. Canle deu entrada a Baptiste para buscar certa continuidade no xogo de ataque e o Céltiga quedouse no seu campo á espera dun erro e dunha contra. Nunha desas chegou a máis clara do encontro. Erro na entrega de Baptiste, galopada de Manuel que cedeu para Víctor. Con todo a favor, o mediocentro mandou o coiro fóra.
Tamén terían a súa os visitantes, nas botas de Miguel. O dianteiro portonovés recibíu de Bapstiste pero non puido superar a César no man a man.
Co Céltiga salvado, o Portonovo buscará sumar na casa para acadar a permanencia. Santa Comba e Verín visitan Baltar esta semana.
Redacción Salnés








