![]()
POBRA> O BNG da Pobra levará a pleno unha iniciativa solicitando a mellora do contorno da escola unitaria do Campo da Angustia.
{flowplayer}barbanza/mellorascampoangustia.flv{/flowplayer}
Ademais do mal estado dos tres accesos que comunican este núcleo, dende o BNG tamén denuncian o deterioro que sufren as inmediacións da escola, invadidas pola maleza.
Do mesmo xeito, tanto o parque infantil como a pista polideportiva non se atopan en condicións para ser usadas polos nenos e mesmo poden consittuír un risco.
Reunión veciñal
Antes de presentar a iniciativa no concello, coa intención de que sexa debatida no pleno deste mes, os edís nacionalistas manterán unha xuntanza cos veciños da zona para incluír na moción novas propostas.
O obxectivo, ademais de mellora-las condicións do centro educativo, é incrementar a calidade de vida dos veciños deste núcleo.
Redacción Barbanza









