Os técnicos do concello de Vilagarcía advirten das graves humidades do aparcadoiro de Xoán XXIII

VILAGARCÍA> O aparcadoiro de Xoán XXIII de Vilagarcía ten no seu interior graves problemas de humidades. É a conclusión á que chegan os técnicos municipais que nas últimas horas supervisaron o estado desas instalacións. Tamén deficiencias no seu mantemento e a cuestións de ventilación ou accesos. Todo iso vaise plasmar agora nun informe técnico, a escasas semanas de que o parking e a súa xestión pasen a mans do concello.

Aínda que é máis que evidente, os técnicos do concello de Vilagarcía confírmano. O aparcadoiro de Xoán XXIII ten no seu interior graves humidades e problemas de mantemento. Nas últimas horas fixeron unha visita a esas instalacións, logo de que no pleno da semana pasada se aprobase a resolución do contrato de concesión.

Porque o prego de condicións indica que a empresa deverá entrega-las instalacións ao concello en perfecto estado de conservación. Iso, todo apunta, non se vai producir, polo que será Ravella quen o asuma unha vez se faga efectivo o seu rescate. A intención do goberno, lembran, é facer unha xestión directa do aparcadoiro.

De momento o que está claro é que será o luns 25 deste mes cando estas instalación pasen a mans do concello. Será entón cando se liquide o contrato e, se todo vai ben, se chegue a un acordo coa empresa Proinsa. A voceira do goberno local garante que os traballadores non van quedar na rúa.

O rescate deste aparcadoiro por parte do Concello débese a que a empresa concesionaira, Proinca, crebou. O asunto rematou nos xulgados ante a falta de acordo, segundo lembra Tania García, pola cantidade de cartos que solicitaba a concesionaria.