Vilagarcía ampliará as prazas da súa Ludoteca de Nadal

VILAGARCÍA> A ludoteca de Nadal de Vilagarcía despediuse por este ano. A nova edición do campamento urbano acadou un número de solicitudes récord, con familias que quedaron en listaxe de agarda. Dende o concello toman nota, e aseguran que cara o vindeiro ano ampliarán as prazas desta iniciativa, dirixida a facilitar a conciliación familiar en épocas de vacacións dos pequenos.

Tras moito xogo, novos amigos e tendo incluso un espazo para aprender sobre o patrimonio vilagarcián, hoxe a ludoteca de Nadal despediuse por este ano. Unha edición, ademais, que acadou cifras de récord.

Foron 31 os rapaces que puideron acceder a esta actividade. O concello toma nota da crecente demanda, e xa anunciou que aumentarán as prazas en videiras edicións.

E mentres, esta mañá os pequenos apuraban as horas que lles quedaban nesta ludoteca de Nadal, durante a que gozaron de variados xogos e actividades para pasar mellor as súas mañás mentres os pais traballan.

A despedida foi tamén por todo o alto. Ata o centro de A Escardia achegouse un paxe real dos Reis Magos, preparado para recoller todas as peticións que aínda teñan os máis rezagados.