A ILLA> A ampliación do centro de saúde de A Illa de Arousa estará rematada no mes de outubro. Cando menos, eses son os prazos que manexan dende a Consellería de Sanidade. O seu responsable Jesús Vázquez Almuíña visitou esta mañá xunto o alcalde insular o inicio das obras, que contan cun orzamento de 342 mil euros.
A reforma e ampliación do centro de saúde de A Illa de Arousa xa está en marcha. As obras recibiron esta mañá a visita do Conselleiro de Sanidade. Jesús Vázquez Almuíña defendeu a decisión final da Xunta de ampliar o ambulatorio en lugar de construír un novo.
O proxecto conta cun orzamento de 342 mil euros, e foi posible grazas a dous convenios co concello e co Instituto Social da Mariña, que cedeu unha parte das instalacións da Casa do Mar. O centro ampliarase en máis de 500 cadrados, e estará rematado en outubro.
Dende o concello, o alcalde agradeceu ao conselleiro o seguimento que está a realizar das obras. Tamén explicou que os terreos da Franqueira que se ían destinar a acoller o novo centro de saúde, xa volven ser de titulariedade municipal
Vázquez Almuíña defendeu a aposta da Xunta pola atención primaria. Explicou que nos vindeiros anos ampliaranse e construiranse 20 centros de saúde, cun orzamento de máis de 50 millóns de euros.