Miles de persoas achegáronse a Meis para gozar da Romaría das Cabezas da Armenteira

MEIS> Miles de persoas achegáronse a Meis este luns para gozar coa Romaría das Cabezas. Dende primeira hora da mañá, moitos dos asistentes achegáronse ao mosteiro da Armenteira a pé dende as súas vilas. As misas, o ambiente e o polbo son os principais reclamos deste festexo.

Como cada luns de pascua, miles de persoas achéganse ao mosteiro de Meis para gozar coa Romaría das Cabezas, un festexo que se celebra na contorna do mosteiro da Arementeira. Moitos dos asistentes achéganse á romaría a pé dende as súas vilas.

A tradición, a devoción e gozar do ambiente é o que leva á xente a achegar á Armenteira.

Ás misas son o principal reclamo desta romaría, especialmente á da 1 da tarde. Pero o polbo é outros dos atractivos deste festexo.

Tralas misas e a comida, a xornada pechouse coa actuación do grupo de Folck Ailá. Poñendo fin a tres días de celebración e festa na Armenteira.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí