A Xunta investirá 100.000 euros nas obras de mellora da estrada PO-549

    po549100_copy.jpgVILANOVA> Trátase dunha obra moi demandada polos veciños debido ó mal estado do firme, que leva provocado varios accidentes de tráfico.

    O delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Xosé Manuel Cores Tourís visitou hoxe Vilanova coa fin de comprobar o mal estado do firme da estrada PO 549. O alcalde do municipio explicou o risco que supón, para os veciños, o mal estado desta vía, na que se levan producido varios accidentes de tráfico.

    A Xunta de Galicia acometerá as obras de saneamento do firme, fresado do terreo e substitución do asfalto. Unhas actuacións de mellora que se están a levar a cabo en varios concellos da provincia. Segundo os datos da delegación territorial que dirixe Tourís, A xunta investiu 4 millóns de euros, en obras deste tipo na provincia de Pontevedra, nos últimos 4 meses. Dende que tomou posesión o novo presidente da Xunta.

    MELLORA DA REDE DE PLUVIAIS 

    A Xunta está inmersa na redacción doutro proxecto de vital importancia para Vilanova de Arousa. A separación da rede de recollida de augas pluviais e residuais que permitirá mellorar a rede de saneamento na vila. O proxecto vaise presentar nas vindeiras semanas, segundo as palabras do edil, Gonzalo Durán.

    Redacción Salnés

    {flowplayer}images/salnes/161009_mellora_po549.flv{/flowplayer}