VILANOVA> A secretaria xeral de Familia e Benestar, Susana López, visitou o Concello de Vilanova, acompañada de técnicos para estudala remodelación da escola municipal.
{flowplayer}images/salnes/SECRETARIA_FAMILIA_VILANOVA.flv{/flowplayer}
Trala visita da Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, o pasado mes de xullo, a secretaria xeral de familia acudiu a Vilanova para atender as peticións do concello. O alcalde, Gonzalo Durán, presentou ós proxectos da ampliación da escola infantil e a creación dun centro de día para maiores que, probablemente, situarase na residencia Valle Inclán.
Susana López afirmou que dende a reunión coa Conselleira, está aberta unha vía de comunicación directa entre o concello e a consellería. En canto a ampliación da gardería, que aportaría 60 novas prazas, López declarou que é necesario todo o apoio para poder conciliala vida familiar e laboral.
A secretaria xeral, engadiu que espera que o centro de día sexa unha realidade canto antes. Ademais deu as grazas a Durán pola gran política social que leva a cabo o concello, especialmente na atención á dependencia, ó que se destina más de 78.000 euros.
Redacción Salnés