![]()
VILAGARCÍA> Uns 60 negocios participan nesta experiencia promovida polo departamento municipal de Medio Ambiente en colaboración coa Xunta e Ecovidro.
{flowplayer}images/salnes/IGLU.flv{/flowplayer}
O plan comezou coa instalación de 15 novos iglús para o depósito de vidro, que se colocaron nas rúas da cidade nas que se emprazan os bares e restaurantes que participan nesta innovadora experiencia.
Despois dunha primeira toma de contacto levada a cabo polo departamento que dirixe Marcelino Abuín, un total de 60 establecementos hostaleiros amosáronse dispostos a colaborar na recollida selectiva e no reciclaxe para mellorar as taxas de recuperación de vidro no municipio.
Repartiranse nos bares, pubs, cafeterías e restaurantes colaboradores uns cubos especiais para almacenalo vidro e posteriormente depositalos no iglú. Para facilitala tarefa, os cubos están dotados de rodas e un innovador sistema de elevación. O plan no ten custo algún para os hostaleiros. A infraestrutura corre a cargo das administración e da propia empresa Ecovidro.
Os técnicos aproveitaron o reparto de material para entregar ós hostaleiros un folleto informativo sobre o plan e para explicarlles a utilización dos cubos.
Nunha terceira etapa, unha vez rodada a proposta de reciclaxe, realizaranse visitas de control ós locais para comprobar o desenvolvemento do proxecto.
Redacción Salnés








