Delfín Fernández apoia a modificación do novo acceso ó porto

    delfin100.jpgVILAGARCÍA> O subdelegado do goberno en Pontevedra ve razonable facer un paso inferior na conexión do acceso ó porto coa PO-549.

    {flowplayer}images/salnes/delfin_porto.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> O subdelegado do goberno en Pontevedra, Delfín Fernández, confirmou que o Estado valorará a proposta da Autoridade Portuaria de Vilagarcía para mellorar as conexións do novo acceso ó porto.

    O presidente da rada arousá Javier Puertas, ó igual que xa fixeron tamén os deputados do PP no Congreso, piden unha modificación do proxecto construtivo da nova vía para que inclúa un paso inferior na rotonda de intersección coa PO-549, que une Cambados con Vilagarcía. Deste xeito, preténdese mellorar a operatividade do Porto e tamén aliviar o caos circulatorio que se dá a diario nas rúas do centro urbano. O subdelegado do Goberno asegurou que se está a estudar.

    Delfín Fernández realizou hoxe unha visita institucional ó Porto de Vilagarcía onde puido coñecer da man do seu presidente Javier Puertas o plans estratéxico e director. O subdelegado fixo ademais un percorrido polas instalacións portuarias, especialmente para ver as obras do centro de control e do punto de información fronteiriza. O PIF entrará a funcionar en primavera e nel traballarán os inspectores para velar pola salubridade e seguridade dos produtos que entran e saen do porto de Vilagarcía.

    Delfín Fernández recoñeceu a importancia que teñen as comunicacións por terra e ferrocarril para o desenvolvemento do porto de Vilagarcía. Ó remate da visita o presidente do porto entregoulle un detalle ó subdelegado.

    Redacción Salnés