VILANOVA> Vilanova segue formando á rapazada en educación viaria. Esta mañá, o alumnado de sexto de primeira do colexio de Tremoedo recibiu os certificados que os acreditan como auténticos expertos nas normas de circulación. Este ano a súa aprendizaxe tamén se viu condicionada por mor da covid.
Levan toda a vida aprendendo educación viaria: dende primeiro de infantil ata sexto de primaria. Este grupo recibiu hoxe o seu diploma que os acredita como membros da ‘ xeración 0.0’: cero accidentes, cero vítimas.
Este grupo do Colexio de Tremoedo non puido recibi-la parte práctica da aprendizaxe, por mor da covid, pero si aprenderon moi ben a lección. Tomaron conciencia da importancia de respecta-las normas, ao volante e como peón.
Moitos dos malos hábitos, polo que nos contan, veñen de imita-las prácticas incorrectas dos pais e nais.
Ademais, esta formación en educación viaria creou un vínculo moi forte entra a rapazada e a Policía Local.
Este ano, ademais, os nenos tamén recibiron por parte da Policía Local unha aprendizaxe adicional, centrada na loita contra o coronavirus.