A oposición de Vilagarcía únese para pedir a dimisión de Tania García como voceira do goberno local

VILAGARCIA> A oposición de Vilagarcía pide a dimisión de Tania García como voceira do goberno local. Acúsana de mentir  sobre o informe de mobilidade da Policía para a construción do centro de saúde na Mariña. PP, Ciudadanos, Vilagarcía en Común e Marea da Vila escenificaron esta tarde unha unión insólita contra os socialistas. Avanzan que tamén acudirán a Valedora do Pobo para denunciar, segundo denuncian, as continuas mentiras do goberno de Vilagarcía.  Advirten a Alberto Varela que se non toma medidas tamén pedirán a súa dimisión por cómplice.

A oposición de Vilagarcía únese contra o goberno local. O motivo é un estudo de mobilidade inexistente da policía local sobre a accesibilidade do futuro ambulatorio de Vilagarcía. Nun pleno de xaneiro, Tania García explicaba que o goberno local mandou ese estudo ao Sergas, pero ao parecer, ese informe nunca chegou a mandarse. A oposición unida, agás o BNG, cúlpaa de mentir constantemente.

Dende a oposición sinalan que non é a primeira vez que o goberno mente e que en vez de recoñecer os seus erros busca outros culpables.

PP, Ciudadanos, marea da vila e Vilagarcía en común sinalan que estas mentiras atentan contra os seus dereitos como concelleiros de Vilagarcía. Acudirán á valedora do pobo para denunciar a ocultación reiterada de xeito deliberado de información relevante para a toma de decisións sobre as cuestións do pleno.

A oposición sinala que esta é a practica habitual do concello, que xa mentiu con outros asuntos como o informe da praza de Abastos, a reforma da rúa ameixeiras ou a renovación do club de Remo de Vilaxoán. Por todo iso, piden a dimisión de Tania García como voceira do goberno de Vilagarcía.

Ademais, os catro partidos da opsoicións tamén rexistrarán unha moción en connxunto para instar ao goberno municipal a redactar unha ordenanza de transparencia que sirva como decálogo de boas prácticas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí