Comisións Obreiras define como ilegal a conxelación das pensións

    fernando_ramos_copia100.jpgVILAGARCÍA> Denuncian que eses cartos públicos van ir destinados a intereses privados especulativos. Fernando Ramos asegurou que as medidas buscan prexudicar ós traballadores e ós dereitos sociais.

    {flowplayer}images/salnes/CCOO.flv{/flowplayer}

    Dende Comisións Obreiras afirman que as medidas que está a tomar o goberno central son ilegais, que un goberno, unilateralmente, non pode decidir se se conxelan ou non as pensión. Aseguran que deben ser as forzas que firmaron o Pacto de Toledo as que decidan se se debe facer un esforzo.

    Fernando Ramos sinalou que se nalgún momento se pide un sacrificio ós pensionistas, eses cartos deben dirixirse a políticas sociais. Denuncia que, ese diñeiro público vai destinado a apoiar os intereses privados especulativos.

    Ramos afirma que o presidente do goberno, con estas medidas, busca acelerar as reformas de tipo legal para que os traballadores non se poidan defender ante esas inxustizas.

    Dende a agrupación comarcal de Pensionistas e Xubilados de Comisións Obreiras, sinalan que están desmoralizados xa que as pensión xa son de por si pequenas e non poden facer fronte ó día a día.

    O sindicato afirman que actitude de Zapatero é de submisión á Unión Europea, e que o PP só busca sacar rédito político da situación, cando dende sempre solicitaron a conxelación das pensións.

    Fernando Ramos sinalou que o único muro que queda para conter as medidas do goberno son os sindicatos, que sairán á rúa para dicir ata aquí chegamos.

    Redacción Salnés