O autismo vibilízase na praza de Fefiñáns

CAMBADOS> Cambados trasladou a hoxe os actos polo Día Mundial do Autismo. Dous veciños da localidade que padecen a doenza foron os escargados de le-lo manifesto. Destacaron as consecuencias que está a te-la covid para eles, polo uso da máscara e a redución das relacións sociais. Reivindicaron igualdade de dereitos e un esforzo engadido por parte das administracións para atopar saídas laborais e unha educación de calidade.

Ademais da lectura do manifesto, a cambadesa praza de Fefiñáns acolleu unha xornada de convivencia para tomar conciencia sobre o autismo. Nos actos estiveron representadas a Federación Autismo Galicia, de BATA e do colectivo Familias Azuis. A súa presidenta, cambadesa e nai de Xabi, pide que se garantan os seus dereitos para que poidan gozar dunha vida plena.

A inclusión das persoas con autismo depende tamén da súa visibilidade. Un reto que aínda segue a ser unha tarefa pendente.

Actos como o desta mañá en Fefiñáns, di a alcaldesa, contribúen a esa tarefa de visibilización do autismo. Na praza desenvolvéronse varias actividades co alumnado do Obradoiro de garantía xuvenil.

A esta xornada de visibilización do autismo tamén se uniron os comerciantes cambadeses.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí