Un quinto premio da Lotaría de Nadal deixa en Cambados 2,4 millóns de euros

CAMBADOS> Outras vilas nas que o sorteo tamén repartiu fortuna foron Cambados, Meis e Caldas. A vila do albariño repartiu un cuarto premio deixando no municipio máis de dous millóns de euros. Pola súa parte Meis e Caldas repartiron un quinto premio.

O sorteo de nadal tamén repartiu sorte en Cambados. Preto das 12 do medio día saía agraciado o 75981 co cuarto premio. Un número vendido en Cambados a través de 12 series. En total 120 décimos premiados con 20 mil euros cada un e que deixan na vila 2 millóns catrocentos mil euros.

O décimo vendeuse completo polo mostrador de billetes, polo que o loteiro cree que a maioría vendeuse en Cambados.

Como todos os loteiros que reparten sorte, o que agardan agora é que este premio incentive as vendas da lotaría de reis.

Así como algúns teñen sorte outros, quizais, teñen mala sorte. É o caso dun home de Cambados cuxos décimos acabaron na lavadora. Agora non sabe se o seu número é o premiado ou non.

A pesar da mala fortuna, o home aínda pode recuperar o seu décimo.

A sorte tamén deparou fortuna noutras vilas da nosa contorna. O premio máis madrugador foi o 86986, un quinto premio que deixou agraciados en Caldas e Ponte Caldelas. E o último gran premio en saír, outro quinto premio, volveu a repartir sorte no concello de Meis, concretamente en Casa Samuel.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí