A escola infantil de Vilagarcía convértese nun museo polo entroido

VILAGARCIA> Entroido na Escola Infantil de Vilagarcía. A rapazada do centro viviu hoxe a xornada principal do seu entroido. Todos os nenos e nenas foron disfrazados de cadros, co obxectivo de que vaian entrando en contacto coa arte dende ben pequenos. Ademais do baile, organizaron un desfile polo exterior do recinto ante familiares que se achegaron.

A escola infantil de Vilagarcía de Arousa convertida nun museo. A rapazada viviu hoxe unha colorida xornada de entroido na que os nenos e nenas convertéronse en cadros. Os máis pequenos pasárono en grande presumindo das súas obras de arte, feitas coa axuda das súas familias.

No centro entenden que ademais de pasalo en grande, este entroido de cadros permite aos máis pequenos ir entrando en contacto coa arte e o mundo da creatividade. De forma paralela, están organizando máis actividades para seguir afondando no tema.

E a resposta dos nenos e nenas xa a están a ver. Esta mañá gozaron dos seus disfraces nunha animada xornada.

Logo de bailar un pouco no patio do cole, organizaron un desfile pola contorna do centro para presumir de disfraces diante dalgunhas familias que se achegaron ata alí. Ademais, o entroido vai continuar aquí nesta escola infantil vilagarciá durante os vindeiros días. Por exemplo, a semana que vén toca unha xornada de zapatos cambiados e outro hai que vir de pixama. Ademais, como manda a tradición, tamén aquí farán o seu particular enterro da sardiña.