A fortuna leva 500 mil euros ao Grove polo Nadal

SALNES> A sorte tampouco esquivou ao Salnés e deixou na comarca máis de 500 mil euros. Medio millón repartiuse cun terceiro premio na administración número un do Grove. Sanxenxo e Vilagarcía foron agraciadas con 18 mil euros en tres quintos premios.

O champaña voou onte non concello do Grove para celebrar o medio millón que o sorteo de nadal levou á península do Salnés. A vila foi a máis agraciada da comarca cunha serie do terceiro premio vendida na administración número un.

O número agraciado foi o 750. A administración vendeu dez décimos desta cifra cun premio de 50 mil euros cada un. Un boleto que moitos descartaron por feo.

Feo para uns e bonito para outro. Como é o caso de Lucía Fuentes, unha das agraciadas.

Ao igual que fixo Lucía, o décimo vendeuse na última semana, o que fai máis probable que o número se vendese a xente da contorna.

Os agraciados agora xa fan planean en que gastar os cartos.

Ademais dos 500 mil euros do Grove, a comarca do Salnés tamén estivo premiada con tres quintos premios deixando 18 mil euros entre Vilagarcía e Sanxenxo. Na capital arousá, as administracións números 1 e 4 selaron un décimo do 74770 e en Sanxenxo foi a cafetería Gran Suqui a que selou o número 81610. Cada boleto estivo premiado con 6 mil euros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí