Pazo Baión colleitará 160.000 quilos de uva na vendima deste ano

    PAZO_BAION copy.jpg VILANOVA> Esta adega, pertencente a Condes de Albarei, fará, por primeira vez, todo o proceso de elaboración do viño nas súas instalacións.

    {flowplayer}images/salnes/VENDIMA_PAZO_BAION.flv{/flowplayer}
     
    Desde esta semana, xa se poden ver os primeiros xornaleiros que participan este ano na vendima no Pazo Baión, en Vilanova.
     
    Esta adega, pertencente a Condes de Albarei conta cunha superficie de vinte e dúas hectáreas. Este ano está previsto que acaden un total de cento sesenta mil quilos de uva. A colleita máis importante desde que esta Cooperatriva adquiriu o Pazo.
     
    Preto de setenta persoas son as que están a traballar na vendima deste ano. Ademais trala renovación das instalacións do Pazo, realizarán todo o proceso de elaboración do viño albariño, a diferencia doutros anos que a trasladaban a adega de Condes de Albarei.
     
    Ademais, este ano dez exdogrodependentes beneficiáronse do convenio asinado entre o Plan Nacional sobre Drogas, a Consellería de Sanidade e Condes de Albarei. Algúns xa é o terceiro ano que participan na vendima. Recoñecen que para eles é unha oportunidade para acceder ó mundo laboral.
     
    Segundo informou o xerente da Cooperativa, Xavier Zas, a vendima no Pazo Baión prolongarase durante todo o mes de setembro e principios de outubro.
     
     
    Redacción Salnés