![]()
RIBADUMIA> Segundo o Subdelegado do Goberno en Pontevedra, con estas obras preténdese xerar emprego e mellorar o entorno da localidade.
{flowplayer}images/salnes/VISITA_DELFIN_RIBADUMIA.flv{/flowplayer}
O subdelegado do goberno en Pontevedra, Delfín Fernández, realizou unha visita ó concello de Ribadumia, onde foi recibido pola alcaldesa do municipio para supervisar as obras de Integración da senda fluvial do río Umia no casco urbano de Barrantes.
Despois de manter unha reunión cos membros da corporación local, desprazáronse ata o lugar no que se están executando as obras. Unhas obras que van a consistir na construcción dunha praza pública que contará con zonas verdes, un parque infantil e outro bio saudable que se integrará co paseo fluvial a través de sendas peonís e accesos para os vehículos.
Estas obras supoñen un investimento duns 360.000 euros con cargo ó Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade Local. Con isto, tal e coma explicaba o Subdelegado do Goberno preténdese xerar emprego e mellorar o entorno da localidade.
Ademais, grazas ó mesmo plan, o concello de Ribadumia está levando a cabo outra serie de actuacións coma pode ser a obra de aforro enerxético ou a de saneamento público. Un total de sete actuacións coas que se calcula se crearán uns cincocentos trinta postos de traballo.
As obras de integración do paseo fluvial no casco urbano de Barrantes está previsto estean rematadas a finais do mes de decembro.
Redacción Salnés









