Vilanova prepara dúas novas intervencións en Cálago para este 2019

VILANOVA> Vilanova seguirá escavando na súa historia. O concello confirma que neste 2019 haberá dúas novas actuacións no xacemento de Cálago. A intención é que sexan nos meses de xuño e setembro. Un dos obxectivos será a consolidación dos achados que xa están ao descuberto, para que os vilanoveses poidan visitalos e coñecer o seu pasado.

Vilanova continúa apostando por despexar as incógnitas que aínda rodean o xacemento de Cálago. O concello confirma que este ano realizaranse dúas novas actuacións na contorna. A primeira será, segundo os cálculos do alcalde vilanovés, no mes de xuño.

A segunda está prevista para o mes de setembro. Desta volta, está dirixida a consolidar as estruturas e os achados que xa se localizaron en escavacións anteriores. Todo pensado para que os visitantes pero sobre todo os vilanoveses poidan visitar esta fiestra cara o seu pasado.

A riqueza histórica deste xacemento foi posta en valor por Gonzalo Durán, que recordou que os restos atopados demostran que a orixe de Vilanova se remonta ata hai máis de 2.400 anos.

Os arqueólogos están agora a traballar na elaboración dun proxecto para estas dúas actuacións, que terá que recibir o visto bo da Dirección Xeral de Patrimonio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí