![]()
CAMBADOS> Final apretada a que se viviu nesta XVII edición da competiciónn que o nome do gañador na proba raíña decidiuse nun sprint final. Nas demais categorías destacou a actuación de varios corredores da AAD Barbanza.
O lituano Robertas Geralavicius e o lucense Carlos Villamor ofreceron ó público cambadés unha final de infarto, xa que depois de percorres a dobre milla (3.620 metros), achegáronse practicamente á par á liña de meta. Un sprint nos últimos metros permitiu a Geralavicius marcar a diferencia e facerse co título na categoría raíña. O percorrido completo levoulle pouco máis de 10 minutos. O gañados da pasada edición, Gustavo Platas, non tivo sorte desta volta e tivo que conformarse con compartir o podio como terceiro clasificado.
Na competición feminina, Solange Andreia Pereira, residente en Cangas, fíxose coa primeira praza, seguida de Raquel Suárez Pedrosa e Leticia Fernández barbosa.
No apartado infantil cabe destacar o papel realizado por varios corredores da AAD Barbanza. Pablo Rial quedou en terceiro lugar na categoría masculina de 9 a 14 anos, mentres que na feminina Lara Domínguez se fixo coa primeira praza. Na proba para atletas de 14 a 17 volveron liderar dous integrandes da AAD Barbanza, Ciro Fernández e Sara Dorgambide, primeiros nas súas respectivas categorías.
Completan o cadro de vitorias o ribadumiense José Luis Varela, primeiro na carreira para homes de 41 a 50 anos, e Esther Pedrosa no apartado de féminas.
Redacción Salnés








