O BNG insta á Xunta a adquirir as antigas instalacións da conserveira Calvo

MUROS> Mañá martes debaterase no Parlamento Galego unha iniciativa presentada polo BNG para instar á Xunta a manter conversas co grupo conserveiro Calvo para a adquisición das antigas instalacións que a firma ten en Esteiro, hoxe inactivas.

A nave, con máis de 19 mil metros cadrados de superficie, saíu a subhasta o pasado mes de decembro, por un prezo de un millón de euros, e quedou deserto.

Para os nacionalistas trátase dunha boa oportunidade de apostar pola xeración de novos postos de traballo, dándolle un uso relacionado co mar, ó ser este un dos principais piares económicos desta comarca.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí